Un total de 71
solicitudes correspondentes a 29 entidades galegas beneficiáronse este ano das
axudas para actividades de promoción de produtos agroalimentarios con calidade
diferenciada, ás que a Xunta achegou nesta convocatoria un total de 2,2 millóns
de euros.
Estes axudas
enmárcanse no Programa de
Desenvolvemento Rural para Galicia (PDR) 2007-2013 e están cofinanciadas polo
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), polo MAGRAMA e pola
Xunta de Galicia.
A finalidade
destas achegas é financiar accións de información e promoción dirixidas a animar
ao consumidor a adquirir produtos incluídos no marco de programas de calidade
diferenciada dos alimentos.
Os
beneficiarios son as agrupacións de produtores agroalimentarios que participan
en programas de calidade diferenciada, entendendo por tales as denominacións de
orixe, as indicacións xeográficas protexidas, as especialidades tradicionais
garantidas e a produción ecolóxica. Teñen a condición de agrupacións de
produtores tanto os consellos reguladores dos distintos produtos con distintivo
de calidade, como as asociacións sen ánimo de lucro que participen en ditos
programas de calidade diferenciada.