A Denominación
de Orixe Ribeiro e Pepe Solla suman forzas na segunda actividade do programa Enocións by Ribeiro, que vaise celebrar o 11 de xuño na
Cidade da Cultura de Galicia en Santiago. Pepe Solla ofrecerá catro creacións
gastronómicas preparadas para harmonizaren cos viños da D.O. Ribeiro e as
emocións vividas durante a realización do Camiño de Santiago. A presentación
dos viños virá da man da catadora e directora de 5 Sense Wine, Cristina Alcalá.
A música non faltará, a través dunha sesión de DJ Analís, e os asistentes poderán
coñecer a exposición Camiño. A orixe
cunha visita guiada en grupos reducidos.
O programa Enocións by Ribeiro
quere reflectir as emocións que afloran durante a peregrinación a Santiago, a
través dos sentidos, harmonizando disciplinas artísticas coa degustación de catro
viños da Denominación de orixe que mellor expresa a esencia de Galicia. Nesta
ocasión as referencias a catar serán: Armán Finca Os Loureiros, Canción de
Elisa, Colección 68 de Costeira Treixadura e Finca Viñoa.
A exaltación e a forza da natureza
serán as emocións que sirvan de eixe á xornada que comezará ás 19.00 horas no
Museo Centro Gaiás, cun prezo de 12 euros. As entradas están á venda en www.ataquilla.com; na Reixa Tenda, de
Santiago de Compostela; e na sede do C.R.D.O. Ribeiro,
en Ribadavia. Toda a información da cita está no portal web www.movimientoribeiro.com