Gaiolas contaminantes

Segundo unha sondaxe de opinión encargada polo mesmo PP, os colectivos de empresarios, pescadores, veciños e hostaleiros están en contra das gaiolas mariñas pola súa proximidade á costa. O PP según denuncia Pladesmapesga é o primeiro en opoñerse as gaiolas e bateas depuradoras con mocións ben fundamentadas e feitas por portavoces do seu propio partido, nas que piden a retirada das bateas depuradoras, gaiolas de salmón, douradas e robalizas das rías no litoral español, polo que o dito clectivo insta a súa retirada.


O Partido Popular, co fin de afianzar as súas acusacións, achega fotos nas que se poden observar restos de gaiolas no fondo, materia orgánica e acusa que modifica a contorna mariña habitual e especies oportunistas que acoden a comer á zona. Pero as acusacións populares van máis aló, ao afirmar que, as instalacións están nuns lugares de “alto valor ecolóxico no que non se recomendou a súa localización” e agrega que se produce un impacto visual que "incide de forma negativa sobre a actividade turística da contorna onde se sitúan".

Segundo argumenta Pladesmapesga, a contaminación orgánica, producida polas verteduras de pensos non inxeridos e polos refugallos dos peixes, afecta o ecosistema máis próximo á piscifactoría ou a batea depurativa. En conxunto, en torno ao 85% do fósforo, 80% do carbono e 52% do nitróxeno introducido nas gaiolas pasa ao medio mariño a través da comida, excreciones dos peixes e respiración.