Cun incremento do 6,8% no número de viaxeiros
rexistrados nos establecementos hoteleiros do seu territorio, Galicia vén de
acadar a cifra de turistas máis elevada dos últimos cinco anos neste mes.Por segundo ano consecutivo rexístrase unha
mellora dos niveis de demanda hoteleira en Galicia no mes de abril,
circunstancia que permite chegar á cifra de preto de 300.000 viaxeiros –no
Xacobeo 2010 rexistráranse algo máis de 302.000 no conxunto da comunidade-.
Canto ás pernoitas, estas medraron un 7,1% en
abril, en relación ao mesmo período de 2014, o que supuxo un volume de máis de
530.000. No ámbito estatal, Galicia medra por riba da
media, xa que a suba dos niveis de demanda hoteleira foron do 4,6%, no relativo
á cifra de viaxeiros aloxados, e do 3,6% no que atinxe ás pernoitas. Pero estes non son máis que datos oficiais, pois os axentes turísticos din outras cousas.
Polo que atinxe á demanda de viaxeiros
estranxeiros, cabe salientar, sempre segundo a versión da Xunta de Galicia -que xa se sabe, minte máis que fala- un forte crecemento que permite a este segmento
acadar máximos históricos de volume –tanto de viaxeiros aloxados, con algo máis
de 81.000, como de pernoitas, con preto de 125.000- así como de peso no
conxunto da demanda, xa que supón neste cuarto mes do ano o 27,8% dos viaxeiros
e o 23,4% das pernoitas.
O turismo receptor presenta tamén un
comportamento positivo, tanto aquel que procede do exterior, que sobe un 16,5%,
como o do conxunto do Estado, segmento que neste caso increméntase nun 10,0%.Canto á rendibilidade dos establecementos, as
tarifas hoteleiras en Galicia subiron neste cuarto mes do ano un 2,6%.