A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos acollerá dous obradoiros
gratuitos de cociña para que os máis pequenos comecen a adentrarse no mundo da
cociña dun xeito fresco, divertido e saudable. Os obradoiros, impartidos polos
profesionais do taller de cociña compostelán Hello Cooking, enmárcanse dentro
das actividades de promoción do Mercado de Abastos, que contan coa colaboración do Concello.
Os dous obradoiros celebraranse os sábados 23 e 30 de maio, de
11.00 a 13.00 horas. Poderán participar nenos de entre seis e doce anos. Cada
obradoiro terá un límite de trinta prazas, que serán cubertas por onde de
inscripción. A inscripción pode facerse no propio Mercado de Abastos ou no
teléfono 981583438, en horario de 07.00 a 15.00 horas.
O obradoiro deste sábado 23 titúlase “Sandwiches ricos e
orixinais”. Os rapaces aprenderán a preparar tres sandwiches con ingredientes
variados e distintos tipos de pan. O primeiro sandwcich será de aguacate, pavo
e maionesa lixeira en pan de molde integral. O segundo de cangrexo, maionesa,
leituga e tomate en pan de pita. E o terceiro de atún, maíz, maionesa e ovo
cocido en pan de molde con cereais.
No obradoiro do sábado 30 aprenderán a facer “Tacos e faxiñas
mexicanas”. Así os rapaces comezarán a ter contacto con outras gastronomías con
gran diversidade de pratos. Os pequenos prepararán Faxiñas de polo cocido,
xuliana de hortalizas, tomate, leituga e salsa de chiles; e Tacos vexetarianos
con salsa valentina.