Un total de 170 operadores turísticos xaponeses
e coreanos participarán nas xornadas de promoción directa do destino Galicia
nas que Turismo de Galicia presentará a oferta da comunidade galega e as posibilidades
que ofrece o noso territorio para a organización de viaxes desde esta área de
Asia. Esta xornadas, organizadas polas oficinas de
Turismo de España en Tokio e Seúl, desenvolveranse entre os días 24 e 28 de
maio e nelas tamén participarán representantes de Turespaña e as embaixadas
españolas nestes países.
O hotel Hilton de Osaka acollerá o día 25 de
maio a xuntanza de traballo cos operadores turísticos da cidade e da súa área
de influencia. Nesta reunión está prevista a participación de 44 axentes de
viaxe locais.
Ao día seguinte os representantes de Turismo
de Galicia desprazaranse ata a capital xaponesa para participar noutra xuntanza
de traballo con 69 operadores turísticos de Tokio e a súa área de influencia. A
reunión desenvolverase tamén pola tarde no hotel Akura.
Desde Tokio os representantes de Turismo de
Galicia trasladaranse ata a capital de Corea do Sur, Seúl. Na xuntanza de traballo, que terá lugar o día 28
de maio no hotel Lotte, se presentará a oferta turística galega aos 57
operadores turísticos máis importantes do país.