Tdos os Camiños conducen a Santiago

Santiago de Compostela acollerá o Primeiro Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño, un evento no que participarán preto de 300 membros de 154 agrupacións procedentes de 28 países dos cinco continentes.


Así Galicia acollerá neste encontro membros das asociacións de amigos do Camiño de Alemaña, Arxentina, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Corea do Sur, Eslovaquia, Eslovenia, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Francia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Xapón, Polonia, Portugal, Porto Rico, Reino Unido, República Checa,  Sudáfrica, Suíza, Uruguai e España.

Trátase dunha convocatoria a nivel mundial que converterá a Santiago de Compostela de novo na capital mundial do turismo de peregrinacións e a Galicia, “nun dos principais epicentros turísticos a nivel internacional”.