Turismo de Galicia ven de presentar á Asociación de Hostaleiros de Lugoa a nova guía “Alén das Catedrais” na que
se recollen ata trece rutas distintas para descubrir este recanto de Galicia. Esta completa guía, de 40 páxinas,
axuda aos turistas a coñecer sete municipios da Mariña Lucense a través de
diversas rutas que teñen como punto de partida a praia de As Catedrais
indicando o tempo e distancia dende este monumento natural ata o destino.
Neste encontro co sector hostaleiro lugués, a directora de Turismo de Galicia,
Nava Castro, e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado,
informaron sobre o funcionamento do sistema de regulación de acceso ao Monumento
Natural das Catedrais.
As representantes da Xunta de
Galicia explicáronlle de primeira man aos representantes da Asociación o
procedemento que regulará o acceso deste espazo protexido durante os meses de
xullo, agosto e setembro e na Semana Santa, cun límite de 4.812 persoas ao día.