
A través da iniciativa esta peregrina de
excepción realizará o incrible reto de percorrer en 15 etapas, correndo sen
descanso, 52 quilómetros ao día do Camiño de Santiago, dende St. Jean Pied de
Port ata Santiago de Compostela.
Así, dende o 27 de setembro ao 11 de outubro,
a corredora que cumpre este ano 52 anos
-de alí a cifra elixida para superar cada día- percorrerá máis de 750
quilómetros da Ruta Xacobea e o fará por un fin solidario. Cada quilómetro
superado converterase nun euro destinado á Fundación St. Jude, unha institución
dominicana sen ánimo de lucro que apoia espiritual, emocional e economicamente
a nenos con cáncer.