Un grupo de cinco xornalistas que
representan aos xornais Clarín e La Nación, e á prensa especializada El Gourmet
e Travel Magazine, acompañados por un profesional freelance, visitaron estes pasados días
a Comunidade galega, nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia en
colaboración coa Oficina de Turismo de España en Bos Aires.
Co fin de difundir os principais valores
turísticos de Galicia entre a poboación arxentina, Turismo de Galicia elaborou
un programa no que os xornalistas están a coñecer boa parte da oferta e os
produtos turísticos galegos, nun circuíto que os leva tanto á costa como ao
interior do territorio galego.