Segundo os
datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, no
pasado mes de maio Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros
do 8,6%, ata situarse en mais de 400.000 -400.568-, cifra que marca un máximo
histórico na comunidade, superando incluso o nivel acadado no último Xacobeo
2010. Así mesmo, Galicia incrementou tamén neste quinto mes as súas pernoitas
nun 5% neste caso, contabilizando preto de 690.000 -686.351-.

Pola súa parte, o mercado internacional incrementou un 6,7% as súas
pernoitas e un 14,3% os seus viaxeiros. A mellora do turismo internacional
produciuse tamén en ambas modalidades, incrementouse nun 4,5% no segmento
hoteleiro e nun 40,4% no extrahoteleiro.
Deste xeito, o turismo internacional acadou no mes de maio máximos
históricos tanto de volume de viaxeiros e pernoitas, con 162.600 e 228.155 respectivamente, como do
peso sobre o conxunto da demanda ao supoñer o 40,6% do total dos viaxeiros e o
33,2% das pernoitas.