O sector agroalimentario emprega a 18.300 persoas

O sector agroalimentario está formado por preto de 2.600 empresas -das que 1.700 corresponden a industrias que transforman principalmente materias primas agrarias galegas- que empregan a máis de 18.300 persoas e cunha facturación que supera os 4.200 millóns de euros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 2,2 millóns de euros en axudas para promocionar os produtos de calidade no mercado europeo. Así o dixo o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, na visita aos postos da Galicia Market Place 2015 que se celebra en Vigo. “

Fernández-Couto tamén lembrou a recente convocatoria das achegas para programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada. Estas axudas van dirixidas aos produtores primarios inscritos en denominacións de calidade, para os que a Consellería destina 800.000 euros.