Mañá comeza
en Galicia a campaña extractiva do polbo, da nécora e do lumbrigante. A do
polbo prolongarase ata a data de inicio da veda do ano
2016, que se fixará polo correspondente plan que se publicará antes da seguinte
veda. A nécora e o lumbrigante poderán capturarse no 2015 ata o 31 de decembro,
data incluída e no 2016 a veda iniciarase segundo se fixe no plan xeral de
explotación marisqueira dese ano.

En relación
ás cotas máximas de captura dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2015, a
cota máxima será de 30 kg por barco e día, ao cal se lle engadirán 30 kg/día
por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 210 kg/día.No que
resta de campaña a cota máxima será de 50 kg por embarcación e día, ao cal se lle
engadirán 50 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de
350 kg/día. O horario de traballo das embarcacións iniciarase ás 6:00 horas
(momento de saída do porto) e finalizará ás 16:00 horas.