O viño da D.O. Ribeiro será o mellor acompañamento para
a música surf, rock e pop que soará este sábado nos xardíns das Burgas de
Ourense da man da primeira edición do Enofest Ourense 2015, organizada polo
Concello de Ourense para o día grande das festas ourensás.
O festival abrirá as súas portas ás 20.00 horas e tocarán
os grupos The Phantom Dragsters, The Tetas Van e Villanueva, acompañados en
todo momento polos viños brancos das adegas presenciais Alberte, Cunqueiro,
Grupo Reboreda, Pousadoiro, Valdepuga e Villanueva. Así mesmo, durante todos os
concertos, que rematarán arredor das 00.30 horas, estará dispoñible a enobarra
grupal do Ribeiro con máis de 20 referencias diferentes de viños brancos
atendida por sumilleres profesionais.
Todo asistente ao festival, que poderá mercar as súas
entradas anticipadas por 5€ ou en billeteira por 7€, serán obsequiados cunha
copa de vidro serigrafiada así como coa primeira copa do viño Terra do Castelo
Treixadura para inaugurar o Enofest. Máis información sobre o festival en www.enofestourense.com