
Dous
cociñeiros: unha profesional; o outro, un virtuoso/a dos
fogóns moi coñecedor/a do produto estrela da sua vila. Dúas interpretacións
gastronómicas dun mesmo ingrediente. Dúas cociñas anexas (os contrincantes
poderán ver o que fai o seu rival) e con moi pouco espazo de manobra.
Cámaras
de televisión, público no exterior animando e 60 minutos para a elaboración do
prato. Todo pasará por un xurado local que tamén coñece moi ben o produto base
das elaboracións e que ben podería estar afeito a determinados sabores e, polo
tanto, pode ser difícil de sorprender con novas interpretacións culinarias.
Un xogo de palabras que evoluciona: Gastronomía; moluscos
con “cuncha” que levan a casa ás súas costas... una cociña móbil que percorrerá
Galicia, cunha experta capitá aos mandos que tratará de superar as preparacións
culinarias dos mellores cociñeiros non profesionais da nosa comunidade, e na
que o produto gastronómico estrela sexa típico de cada rexión galega.