Unha nova edición do congreso de Compostela
Monumental, que se desenvolve baixo o título ‘Turismo, Comercio, Europa, Innovación:
30 anos fortalecendo as áreas comerciais urbanas’, arrancou esta mañán no Hostal dos Reis Católicos. Ao longo dos seus
relatorios abordaranse aspectos como o turismo de compras, a proxección mundial
do Camiño de Santiago e a súa repercusión nos centros históricos comerciais, ou
as novas tecnoloxías e a innovación aplicadas a estes establecementos.

Segundo engadiu, aos beneficios económicos hai
que engadir os sociais, xa que o comercio serve como unha plataforma de
rexeneración urbana mediante o incremento de valor de zonas que ata o de agora
eran menos visitadas por turistas.
As compras son un elemento imprescindible na
experiencia do viaxeiro contemporáneo e en moitos casos se converte na
principal motivación ou no factor determinante para a elección dun destino. Sobre o comercio galego, a responsable de
Turismo da Xunta sinalou que a nosa comunidade ofrece a posibilidade de
adquirir produtos de marcas moi recoñecidas internacionalmente ao tempo que
tamén presenta a oportunidade de comprar produtos únicos de Galicia, entre o
que destacou os integrados na marca de Artesanía de Galicia.