Cocineros en la Gala 2015 |
A listaxe de establecementos que
ostentarán o galardón Estrela Michelin en 2016 coñecerase en Santiago de
Compostela, xa que a presentación da guía bermella de España e Portugal se celebrará en Galicia. Así o anunciou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
O acto terá lugar o próximo 25 de
novembro no Parador dos Reis Católicos. “Esta prestixiosa gala é moito máis que a
presentación dunha guía, é o evento gastronómico do ano”, afirmou Nava Castro
na rolda de prensa celebrada no día de hoxe.
Máis de 400 convidados chegados de todas as
partes do mundo poderán coñecer de primeira man a nosa comunidade e unha das
principais fortalezas de Galicia, a gastronomí, feito que constituirá un bo escenario para a promoción da marca Galicia e dos produtos e cociñeiros
galegos.
Galicia conta con máis de cinco mil trescentos
restaurantes inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas que
poñen a disposición dos nosos visitantes máis de 365 mil prazas nas que
degustar os nosos pratos. Unha ducia destes restaurantes
galegos contan co galardón Estrela Michelin.