Termagal, software para a balnearioterapia

O Balneario de Lugo acolleu a presentación deTermagal, un proxecto que conta coa colaboración de Turismo de Galicia e que constitúe unha ferramenta de xestión médica e documentación que permitirá a estandarización dos procesos de asistencia médica nos balnearios de Galicia.

Segundo explicou na presentación a directora de Turismo de Galicia Nava Castro, este software permitirá a homoxeneización da recollida de historias clínicas de pacientes e, polo tanto, facilitará a súa xestión. Neste senso, Nava afirmou que “con Termagal a proposta de servizos de saúde revalorizarase grazas a monitorización dos casos atendidos  e dos resultados obtidos”.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que trátase dun  gran avance que potenciará a atracción e a fidelización dos usuarios nos balnearios de Galicia. “Termagal supón un empuxe fundamental para continuar consolidando Galicia como destino termal de referencia”, resaltou.