A 'Festa dá Istoria', declarada de Interese Turístico Nacional, convértese un ano máis nun dos eventos por excelencia de Galicia, Ribadavia volta a engalanarse durante todo o fin de semana, para lembrar o asentamento da poboación xudía dende a súa chegada a Ribadavia no século XI, con Don García, quen convertería esta vila en capital do Reino de Galicia en 1063.
Como novidade, o xantar medieval da Festa da Istoria celebrárase a mediodía, o redor das das 14.30h do sábado 29 de agosto, substituíndo a cena celebrada noutras edicións. Tamén hai cambios no precio do menú, que queda en 35€.
Por este cartos e vestido de época poderá gozar dos seguintes produtos medievais, nun ámbito único decorado e engalanado para a ocasión, dentro da Igrexa da Madalena, no mesmo centro do casco histórico: empanadas de carne, vieiras e xoubas, polbo a feira, roitas en escabeche, cabrito ao espeto o xeito da Istoria e tartas Castaña, de Amendoa, Melindes e Amendoados, todo acompañado de viños De O Ribeiro, augarden de herbas e licor café.
Poden consultar o programa destes dous días de festa en www.festadaistoria.com