Galicia convértese dende dende mañán no epicentro do turismo
de surf a nivel mundial coa vixésimo octava edición do Pantín Classic Galicia
Pro. Durante a súa celebración, dende mañá 1 de setembro ata o próximo domingo
6, a nosa comunidade acollerá aos mellores surfistas profesionais que se
achegarán a Galicia dende todas partes do mundo. E neste ano, especialmente, xa que esta nova
edición bateu records de inscricións con 128 homes participantes e un total de
72 mulleres.
No ámbito do surf, tanto en Galicia como no resto de España,
o certame ‘Pantín Classic Galicia Pro’ ocupa un lugar moi destacado, e xa
constitúe unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional.
É o único evento de Surf Profesional Internacional que se celebra en España, un
dos poucos que se celebra a este nivel en Europa e o terceiro mais antigo a
nivel internacional.
A Xunta de Galicia colabora na organización e promoción
deste gran evento turístico-deportivo afianzándose como un dos colaboradores
principais do campeonato. Así, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro,
afirmou no acto de presentación que este campionato volverá a ser un potente
dinamizador turístico e un exemplo do desenvolvemento turístico sostible e
respectuoso coa preservación ambiental