O ano pasado as 5 Denominacións de Orixe vitícolas de
Galicia facturaron máis de 150 millóns de euros pola comercialización de preto
de 35 millóns de litros de viño. Así o trasladou a directora xeral de Produción
Agropecuaria, Patricia Ulloa, na LVI Festa do Viño do Condado, celebrada en Salvaterra de Miño.
Nesta festa enolóxica elexíronse os viños “Deliciosos do Ano”,
unha idea promovida polo director-fundador da revista HG&T, Guillermo
Campos e o seu equipo de traballo, e hoxe apadriñada unilateralmente polo
concello.