
Segundo esta
enquisa, o gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron
Galicia neste xullo de 2015 foi de 117.489.845 euros. O gasto medio
por persoa tamén creceu neste sétimo mes do ano cunha suba do 9,4%, superando
os 740 euros.
O incremento
do gasto total do turismo internacional vén como consecuencia de dous factores,
un maior volume de turistas internacionais –que creceron na nosa comunidade un
6% neste mes de xullo– e un maior gasto medio por persoa na viaxe.