Segundo os datos da Enquisa de Movementos
Turísticos en Fronteiras (FRONTUR) publicados no día de hoxe, nos primeiros sete meses deste ano
2015, Galicia recibiu máis de 611.000 turistas estranxeiros, cifra que supón un
máximo histórico na comunidade e supera nun 10,8% a cifra do mesmo período do
pasado ano.
Segundo
FRONTUR, Portugal, co 49,4% dos turistas estranxeiros, foi o principal mercado
internacional en Galicia nestes primeiros sete meses do ano. Ao mercado
portugués, séguenlle en orde de importancia Francia, co 14,9%, e Reino Unido,
co 8% neste caso.
A nivel
estatal produciuse tamén un incremento da cifra de turistas estranxeiros neste período
de tempo achegándose aos 38 millóns. Neste caso o incremento foi do 4,7%, máis
de seis puntos porcentuais por debaixo do crecemento rexistrado na nosa
comunidade. Deste modo, Galicia é a quinta comunidade cun maior incremento na
cifra de turistas estranxeiros de todo o estado.
En canto ao
excursionismo internacional, Galicia recibiu un total de 2.025.937
excursionistas estranxeiros nos sete primeiros meses do ano. Portugal foi tamén
o principal mercado do excursionismo rexistrado en Galicia, supoñendo o 89% das
entradas dun só día na nosa comunidade.
En canto ao mes de xullo, Galicia rexistrou un
total de 158.480 turistas estranxeiros, cifra que supón un incremento do 6% en
relación ao mesmo mes do pasado ano 2014. Con esta cifra Galicia acadou en xullo
de 2015 un máximo histórico de turistas estranxeiros neste sétimo mes do ano.