Turismo de Galicia ven de rehabilitar os teitos das pallozas de Piornedo, en Cervantes (Lugo). O compromiso de realizar os traballos
necesarios para o acondicionamento deste ben singular de gran atractivo
turístico da provincia quedara recollido no acordo de colaboración asinado coa Deputación de Lugo cunha dotación orzamentaria de 260.000 euros. Deste modo, as
actuacións realizadas foron o reteitamento das pallozas mais a dotación dos
servizos de saneamento e iluminación para os veciños e veciñas de Piornedo.

As pallozas de Piornedo están localizadas nun magnífico enclave natural
como é Os Ancares que conta coa consideración de Lugar de Importancia
Comunitaria na Rede Natura 2000, tanto polo seu interese xeolóxico como pola súa
consideración de gran reserva verde de Galicia. Os Ancares tamén teñen a
consideración de Reserva da Biosfera e está declarado ZEPA e Reserva Nacional
de Caza, así como Zona de Especial Protección do Oso Pardo.