Turismo de Galicia e Nove Grupo Gastronómico asinaron un convenio de
colaboración para continuar coa promoción conxunta da gastronomía de Galicia co obxecto de continuar potenciando a mesma como factor
clave de reequilibrio territorial e de instrumento de difusión da excelente
calidade dos nosos produtos da terra e do mar.
Nava Castro e Miguel Campos , de Nove |
Entre outras iniciativas, grazas ao convenio
Nove realizará unha acción
promocional en formato showcooking na cidade de San Sebastián. No mesmo, cada un dos cociñeiros da asociación
elaborará unha tapa nun ambiente lúdico e distendido no que haberá unha notable
presenza de profesionais da cociña, así como representantes do resto de
asociacións ou grupos gastronómicos.
Tamén asistirán autoridades e persoal do
sector empresarial vencellado coa gastronomía e a alimentación. Así mesmo,
terán unha presenza especial os medios de comunicación co fin de que o acto
teña unha difusión masiva.