Este ano
promoveuse o destino Galicia a través de 28 viaxes de familiarización, unha
forma de promoción turística que, baseada no coñecemento ‘in situ’ do destino,
ten, por un lado, unha grande importancia para os axentes de viaxe, porque
poden prescribir o destino cun mellor coñecemento, e, por outro, un gran valor publicitario para o territorio
receptor xa que os seus atractivos e recursos turísticos son difundidos
mediante reportaxes e informacións variadas nos medios de comunicación.
Estas viaxes
para prescriptores foron organizadas directamente por Turismo de Galicia ou en
colaboración con outros organismos e entidades entre os que destacan as
oficinas españolas de turismo no exterior.
Nestas
viaxes de familiarización participaron no que vai de ano un total de 179
prescriptores, entre os que se inclúen xornalistas e operadores turísticos de
diferentes nacionalidades. Foron destacados os axentes filipinos interesados no
Camiño de Santiago, o grupo de prensa de Polonia, os touroperadores e
xornalistas rusos ou o numeroso grupo de axentes chineses.
Con este
medio de promoción deuse a coñecer diferentes lugares da xeografía galega, así
como diversos produtos característicos de Galicia como o Camiño de Santiago, os
faros e as praias, o Entroido, Os Viños e Camelias, e enogastronomía, os pazos
ou o tren turístico de luxo Al-Andalus Camiño de Santiago.
No calendario
anual hai xa programadas outras sete viaxes de familiarización nas que
participarán máis de 50 prescriptores nos meses de setembro e outubro. Nestas
viaxes promoverase o termalismo galego coincidindo coa celebración de
Termatalia do 24 ao 26 de setembro, ademais doutros produtos
desestacionalizadores