Agosto rexistra en Galicia un máximo histórico na cifra de viaxeiros aloxados na comunidade

No pasado mes de agosto Galicia rexistrou, segundo comunica hoxe o gabinete de propaganda de Xunta de Galicia, un máximo histórico na cifra de viaxeiros aloxados na comunidade ao rexistrar un total de  829.037, un 5,4% máis que no mesmo mes do ano anterior.  Nunca antes se superara a barreira dos 800.000 viaxeiros no conxunto da oferta regrada de Galicia neste oitavo mes do ano.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, subiron tamén na nosa comunidade o pasado mes as pernoitas nun 4,9% en relación ao mes de agosto de 2014, contabilizándose máis de 2 millóns no conxunto de Galicia.


A nivel estatal obsérvase tamén un crecemento xeneralizado dos niveis da demanda turística regrada aínda que nunha porcentaxe inferior á de Galicia, do 4,2% no relativo á cifra de viaxeiros aloxados e do 3,9% no que atinxe ás pernoitas.