Bo ano turístico en Galicia a pesares das eivas promocionais

Segundo os datos da Enquisa de Movementos Turísticos en Fronteiras (FRONTUR) publicados no día de hoxe, no Galicia rexistrou no mes de agosto un total de 169.437 turistas estranxeiros, un 17% máis que no mesmo mes do pasado ano. Polo que con preto de 170 mil turistas estranxeiros, Galicia acadou un máximo histórico neste oitavo mes do ano. Tal circunstancia vén acontecendo nos últimos meses manténdose por tanto a tendencia positiva dos últimos anos.

A razón de este incremento turístico no noroeste hai que buscalo na saturación do Levante e Baleares copado polos turistas extranxeiros, tal e como se recolle na revista HG&T, cuxo último número está en fase de distribución e que se pode atopar en locales de hostalería gallegos e selectivamente no cuadrante noroeste peninsular. Este boom non responde á promoción turística feita pola Xunta e posta en tea de xuizo por moitos operadores turísticos de receptivo.

A nivel estatal obsérvase tamén un incremento da cifra de turistas estranxeiros, do 1,6% neste caso, situándose en máis de 9,2 millóns. En termos de intensidade destaca o incremento rexistrado en A Rioxa, Estremadura e Galicia, destinos onde o turismo internacional subiu neste mes un 38%, 21% e 17% respectivamente. Polo que Galicia posiciónase entre as comunidade máis dinámicas neste mes.


Francia e Portugal, co 30% dos turistas estranxeiros cada un deles, son os principais mercados internacionais en Galicia neste oitavo mes do ano. Seguen en orde de importancia Reino Unido e Italia, ambos representando o 6% do total. En termos dinámicos obsérvanse importantes crecementos de Francia e Portugal.