Camiños con Plan Director

Turismo de Galicia acaba de presentar aos alcalde da Mancomunidade do Camiño Francés o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago. Durante o encontro, a directora deste ente, Nava Castro,destacou que o Plan supón unha ferramenta de xestión para a Xunta de Galicia e para todos os axentes implicados na Ruta Xacobea. 

A responsable de Turismo da Xunta explicou aos representantes da Mancomunidade que o Plan Director do Camiño de Santiago constitúe un dos documentos clave no eido do desenvolvemento turístico de Galicia.


Neste senso, Nava Castro resaltou que para a realización  do Plan Director do Camiño procurouse a máxima participación dos axentes e sectores implicados sendo consultados un total de 170 organizacións e 220 persoas, representantes de Administracións Públicas, de asociacións de Amigos do Camiño, da Igrexa, turoperadores, hostaleiros e grupos de investigación sobre a cultura xacobea, entre outros.