Feira do Mel de Lugo


O Concello de Lugo colabora un ano máis coa Asociación Provincial Lucense de Apicultura na celebración da XXIII Feira do Mel de Lugo, que acollerá este domingo, 27 de setembro, a Praza da Soidade en horario ininterrompido de 10:00 a 17:00 horas.

“Enmárcase na nosa aposta por potenciar a comecialización dos produtos autóctonos de calidade, capaz de xerar riqueza e postos de traballo”, subliñou o voceiro municipal, Miguel Fernández.

Na XXIII Feira do Mel daranse cita 22 produtores que porán á venda uns 3.000 quilos de mel a un prezo de 7 euros o quilo e a 4, o medio quilo. Ao remate da feira sortearase produtos apícolas.

 A Asociación Provincial Lucense de Apicultura (APLA) reúne a uns 350 profesionais do sector da apicultura lucense, que xera un volume de negocio en toda a provincia duns 4 millóns de euros ao ano, coa venda duns 740.00 quilos de mel que se producen en Lugo, que representan máis do 30% do total producido en Galicia.