Turismo de Galicia presentou hoxe a
publicación dunha nova edición actualizada en castelán do libro Liber
Sancti Iacobi. Codex Calixtinus, elaborada
baixo a coidada e profesional mirada da profesora María José García Blanco. O obxectivo desta nova reedición é fomentar
os estudos xacobeos e o interese xeral cara á cultura da peregrinación,
achegando ao público unha obra que é tan universal como galega.
Así mesmo, a presentación desta nova
edición responde a unha ampla demanda que reclamaba a reedición desta tradución
da cal encóntranse esgotadas as anteriores edicións de 1951 por Abelardo
Moralejo, Casimiro Torres e Julio Feo, e
de 2004 por J. J. Moralejo e María José García Blanco.
Esta nova edición contén unha pequena
introdución da profesora García Blanco, seguida dos antigos textos
introdutorios da edición de 2004, para dar pé á tradución do libro. Ademais, inclúe un índice bíblico, un índice
léxico, un índice literario, un índice onomástico e un índice toponímico,
fundamentais para posibles consultas de investigadores.