O gasto
total do turismo internacional na comunidade galega medrou o pasado mes de
agosto un 14,7%, en relación ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos da
enquisa EGATUR, publicada hoxe polo Instituto de Turismo de España, que recolle
as cifras relativas ao gasto que realizan en Galicia os visitantes non
residentes no noso país.
Segundo esta
enquisa, o gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron
Galicia neste agosto de 2015 foi de 153.820.262 euros, acadando un máximo
histórico xa que a nosa comunidade nunca antes conseguira superar o nivel dos
150 millóns de euros neste oitavo mes do ano.
O incremento
do gasto total do turismo internacional vén como consecuencia de dous factores,
un maior volume de turistas internacionais –que creceron na nosa comunidade un
17% neste mes de agosto– e un maior gasto medio por persoa e día, que creceu
neste oitavo mes do ano un 5,3%, superando os 84 euros.