Turismo de Galicia participou estes días na feira JATA Travel Showcase 2015, que celebrouse na capital de
Xapón e na que a comunidade galega contou cun espazo para promover a oferta
turística galega entre os milleiros de persoas que visitaron este certame.
JATA é un salón internacional de turismo cuxa organización está respaldada
pola Asociación Xaponesa de Axentes de Viaxe e no que se promove tanto o
turismo receptor como emisor do pais. A primeira xornada está dedicada
exclusivamente a profesionais e a fin de semana a público en xeral.
Nesta edición, Turismo de Galicia participou no workshop Business
Meeting, organizado pola propia feira e nunha xornada profesional organizada
pola OET.
Coa participación nesta feira,
Turismo de Galicia reforza a presenza do turismo galego en Xapón, debido ao
interese que esperta a Comunidade galega neste país, sobre todo no relacionado
co Camiño de Santiago, o turismo cultural, a gastronomía e a natureza.