O III Congreso de Calidade Turística, un dos principais foros arredor da calidade e a excelencia no sector turístico, arrancou esta mañá no Palacio de Congresos de A Coruña, Palexco. Máis de catrocentos profesionais e expertos turísticos públicos e privados danse cita en Galicia nesta reunión internacional para debater sobre o futuro da calidade, promover e coñecer a evolución do Sistema de Calidade Turístico Español e a Marca Q de Calidade Turística e promover acordos de colaboración nacionais e internacionais.
O congreso aglutina, baixo o lema Elige Calidad, Evita Riesgos, un total de cinco mesas redondas e dúas conferencias principais que tratarán os temas máis novidosos relacionados coa calidade turística por recoñecidos expertos tanto do ámbito nacional como internacional.
Entre outros relatores, o Congreso contou hoxe coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que interveu na mesa redonda Un Camino de Experiencias. Iniciativas en torno a la calidad xunto coa directora de Formalización Turística de Paraguai, Asunción Azcona, e o embaixador de Colombia para Austria e Centro Europa e embaixador permanente ante Naciones Unidas en Viena, Jaime Alberto Cabal.
Os integrantes da mesa, moderados polo director xeral do ICTE, Fernando Fraile, presentaron algunhas das iniciativas que estanse a por en marcha ao redor da calidade en camiños e rutas turísticas mundialmente famosas como o Camiño de Santiago, a Ruta Xesuítica ou o Eixo Cafetero-Colombiano.
Así, a responsable de Turismo da Xunta explicou a importancia da calidade nunha das principais vía de peregrinación a nivel mundial como é o Camiño de Santiago e expuxo a labor que desempeña a administración a prol do desenvolvemento sostible e a calidade da mesma.