Compostela toma o relevo na organización do Womex 2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, desprazouse a Budapest onde Galicia e Santiago estiveron representadas. O ano que vén a cidade de Compstela volverá encherse de músicas do mundo grazas ao Womex.

Marta Lois estivo estes días no Womex 2015 que se celebrou na cidade húngara de Budapest onde comprobou o éxito da feira de músicas de raíz máis importante do mundo. Na capital húngara estaba representada a cidade de Santiago, que o ano que ven acollerá a edición do Womex número 22.

Nun acto con representantes da Xunta e dos gobernos municipal e estatal húngaro, a concelleira de Turismo recibiu "o testemuño" da tenente de alcalde de Budapest. No acto de clausura, Marta Lois destacou "o compromiso do Concello e de toda a cidade co Womex" ao mesmo tempo que lembrou a edición de 2014 e asegurou que "Santiago, a pesar de ser unha cidade pequena ten a enerxia suficiente como para organizar eventos enormes". A concelleira invitou a todos os presentes a acudir a edición do ano que vén que afirmou, será "un maior e mellor evento".

Ademáis no acto de clausura un dueto húngaro interpretou unha peza musical con instrumentos tradicionais húngaros. Pechou o artista galego Budiño que tocou na gaita a súa canción "Aires de Pontevedra".