
Segundo esta enquisa, o gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron Galicia neste setembro de 2015 foi de 125.957.579 euros. Adem,ais, o gasto total realizado polos turistas internacionais neste ano supón un máximo histórico no mes de setembro xa que a nosa comunidade nunca antes conseguira superar o nivel dos 105 millóns de euros neste noveno mes do ano.
O incremento global do gasto total do turismo internacional débese ao crecemento rexistrado polo turismo internacional na nosa comunidade no pasado mes. Segundo os datos de FRONTUR no mes de setembro a cifra de turistas estranxeiros que visitou Galicia creceu un 33%, circunstancia que se traduciu ademais nunha mellora das pernoitas do 27%.
A nivel estatal, tamén incrementouse o gasto total do turismo internacional neste mes, nun 2,3% neste caso. Galicia foi o destino que rexistrou a taxa de variación máis elevada do conxunto do Estado ao experimentar o incremento de maior intensidade.