Inauguración do Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos

Este luns inaugurouse o Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos, situado no antigo asilo da rúa das Carretas, no do Cabido da Catedral de Santiago. Foi rehabilitado pola Fundación Catedral, grazas a inversión de preto dun millón e medio de euros a través dun convenio con Turismo, 

Contará con instalacións como un espazo de atención aos peregrinos en diversas linguas, biblioteca de estudios xacobeos, zona e oficina de información turística sobre o Camiño de Santiago e Galicia, zona para as asociacións amigos do Camiño, área de administración e información, centro interconfesional, salón de actos e capela.

Tamén incorporará unha zona de servizos para os peregrinos e coa propia Oficina do Peregrino do Cabido da Catedral, onde poderá recollerse a compostela. 

Feijóo destacou que o principal compromiso do Goberno é que o Camiño chegue á gran cita do ano 2021 nas mellores condicións posibles e que os peregrinos que cheguen“estean mellor atendidos que nunca grazas a lugares como este”. Lembrou que para obter o maior partido posible aos recursos que temos, aprobouse recentemente o Plan director do Camiño de Santiago. Un documento que será a folla de ruta ata o próximo ano Xacobeo e no cal participaron ata 170 asociacións e 220 persoas.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, tamén asistiu á inauguración.