
Máis de 2.000 profesionais xa se graduaron no CSHG, no que ademais se desenvolven actividades formativas e labores de consultaría e exportación do seu modelo formativo. Os profesionais que saíron do centro nos seus máis de 20 anos de funcionamento desenvolven a súa labor profesional en máis de 60 países do mundo, acadando cada ano unha inserción laboral superior ao 85% no ano seguinte de rematar os estudos.
A directora de Turismo, Nava Castro, que presidiu o acto destacou na súa intervención a importancia da formación para acadar un sector turístico máis competitivo e tamén na busca da excelencia como factor diferencial. Resaltou por outra parte, o gran prestixio acadado polo Centro Superior de Hostelería de Galicia, así como a formación moderna e adaptada á realidade que imparte.