Por segundo ano consecutivo, o Centro do Viño organiza unha nova edición da Cata Concurso de Viños “Patrimonio Ribeira Sacra”. Unha cata que ten como finalidade valorar a evolución dos viños da D.O. Ribeira Sacra a estas alturas do ano, distinguir os que mellor aguantan o paso do tempo, e estimular as ventas dos mesmos de cara o Nadal. Esta actividade tamén busca seguir apoiando a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Hoxe e mañán máis dun centenar de viños de 49 bodegas da Denominación de Orixen participan nesta II Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra, que se celebra no Centro do Viño de Monforte.
Na organización desta cata, ademáis do Centro do Viño da Ribeira Sacra, está a Asociación Galega de Enólogos e colaboran diversos organismos e institucións, como o Concello de Monforte, Deputación Provincial de Lugo, Estación de Enoloxía e Viticultura de Galicia, Consorcio de turismo, C.R.D.O. Ribeira Sacra ea coa colaboración da revista Hostelería Galega & Turismo.
Do mesmo xeito que o pasado ano, tamén nesta ocasión, esta actividade estará aberta ao público para achegar o mundo da cata a todolos que sentan curiosidade, ou desexen seguilo desenvolvemento do concurso.