A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada no Pazo Provincial aprobou axudas por importe de 460.889,71 euros para os ámbitos de infraestruturas e cultura a favor de asociacións e concellos da provincia de Ourense. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 18 de decembro.
En concreto, aprobaron axudas a favor da Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das Comarcas de Monterrei-Conso Frieiras para o Plan de Turismo Portas de Galicia 2014, por importe de 142.617,91 euros. Asemade, aprobaron por valor de 30.000 euros a favor de Aquae Querquennae Vía Nova, para actividades e gastos de funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2015.
Entre as axudas aos concellos, a Xunta de Goberno aprobou dúas axudas a favor do Concello da Gudiña, unha para equipamento de parques biosaudables por valor de 10.130,12 euros e outra para arranxo de camiños municipais por importe de 20.000 euros. Concederon unha axuda de 60.000 euros ao Concello de Leiro para a pasarela da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Tamén aprobaron dúas axudas a favor do Concello de San Cristovo de Cea, unha por importe de 50.000 euros para reformas do velorio municipal e outra de 20.000 euros para reparación de vías municipais.
Asemade aprobaron na reunión desta mañá unha axuda a favor do Concello de Oímbra de 8.979,32 euros para a construción dun parque en Bousés,e ao Concello da Peroxa unha axuda por valor de 6.000 euros para o estudo técnico de navegabilidade do río Miño entre Velle e Os Peares