Más de 250 escritores de todo o mundo daranse cita na provincia de Ourense nos meses de setembro e outubro próximos na celebración do 82º Congreso do PEN Internacional, o organismo máis importante do mundo no ámbito da literatura, dos dereitos humanos e da liberdade de expresión. A presentación do evento tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar, e a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias.
O evento está organizado pola Deputación de Ourense e o PEN Galicia, e ten como lema "Erguendo pontes literarias". Manuel Baltar destacou na presentación que esta é "unha das grandes novas do ano para Ourense pola repercusión internacional que a nosa provincia terá no ámbito literario", e subliñou que Ourense "como provincia traballadora, emigrante e creativa que é transmitirá ao mundo esa creatividade da man da Deputación, que apoiou a candidatura do PEN Galicia para sexa España a sede do congreso e concretamente a provincia de Ourense".
A candidatura de Ourense competiu con outra en España como foi a presentada por Girona e con países como Ucraína, Filipinas, Bolivia e Alemaña. "Seremos o centro de debate mundial no ámbito literario e a Ourense virán destacados escritores e escritoras, grandes prescriptores de opinión, nun evento que conta co apoio decidido do goberno provincial", afirmou Manuel Baltar.