A organización da Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 53ª edición e que terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2016 no recinto da Alameda de Ribadavia (Ourense), levou a cabo unha reunión na que participaron adegas e colleiteiros para informarlles de todas as actividades e novidades do próximo evento.
Comunicóuselles que dende hoxe e ata o día 12 de febreiro (incluído) permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar na Feira do Viño do Ribeiro con stand propio. Ante o alto interese amosado polo sector, a organización quere destacar que a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata que se cubran as prazas ofertadas, tanto para adegas como para colleiteiros.
A inscrición da dereito, entre outras cousas, a poder participar na Cata Popular da da Feira do Viño do Ribeiro, organizada polo CRDO Ribeiro, na cal só poden facelo aquelas adegas ou colleiteiros que asistan á á feira.