Pontevedra acollerá o 26, 27, 28 de febreiro e o día 29 como xornada profesional a segunda edición de "Con Moita Miga", que despois de dous anos volve a celebrarse co obxectivo de acadar o recoñecemento axeitado do pan galego e proporcionar a información necesaria para axudar os panadeiros a realización dunha mellora dos procesos de fabricación coa introdución de novas tecnoloxías e, así, impulsar o panadeiro e todo o relacionado con el.
Nesta nova edición queren incorporar o evento á cidade, integrando no progama charlas, talleres e catas que atopará o paseante polas rúas da cidade.
A primeira edición de pan galego «Con Moita Miga» celebrouse en 2014 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, que culminou en tres días (Pan Noite Branca, unha porta aberta e un día profesional), coa perspectiva e a idea de poñer en valor as novas ideas na panadería, os cambios do sector e a maneira de como afrontar o futuro, segundo publican na súa web www.conmoitamiga.org, onde pode verse un vídeo sobre o evento e acceder a conta de Flickr de «Con Moita Miga».