O pasado ano 2015 o xeodestino Ribeira Sacra rexistrou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros, do 12,51% en relación ao ano 2014, situándose en 173.302 e a contorna dos embarcadoiros dos catamaráns
que navegan polos Canóns do río Sil constitúe un recurso turístico de gran
reclamo.
Así o puxo de manifesto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castr que, xunto coa delegada territorial
da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitou o embarcadoiro de Santo
Estevo de Rivas de Sil para inaugurar o novo espazo público resultado da rehabilitación
e mellora do entorno do Edificio de Recepción e a estrada de acceso deste
recurso turístico situado no corazón da Ribeira Sacra.
En declaracións aos medios, a responsable de Turismo da Xunta explicou
que o obxectivo da intervención, que levou consigo un investimento de 192.000
euros, foi mellorar estas instalacións de atención aos visitantes, facéndoas
máis confortables, e mellorar a accesibilidade e imaxe da contorna, feito
necesario debido a gran afluencia de visitantes.