A directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, recibiu esta mañá á asociación Slow Compostela, a cal quere implantar a filosofía Slow Food en Santiago de Compostela e a súa área.
A presidenta de Convivium Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo Abalo, e o seu vicepresidente, Víctor Bourzas, explicáronlle á representante da Consellería do Medio Rural a súa intención de poñerse en contacto tanto con produtores como con comerciantes e hostaleiros para que se sumen a esta iniciativa, que promove unha alimentación san e xusta para todos, ademais dos produtos de proximidade.
A portavoz mostrouse receptiva a esta idea e estudará a colaboración do Goberno galego para contactar cos colectivos implicados.
A portavoz mostrouse receptiva a esta idea e estudará a colaboración do Goberno galego para contactar cos colectivos implicados.