A Xunta de Galicia destinará este ano
catro millóns de euros a axudas de rehabilitación de vivendas no medio rural,
en conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago, segundo establece a
Resolución de convocatoria que publicada no Diario Oficial de Galicia.
Dos catro millóns de euros previstos, 3,5
serán destinados a axudas para a rehabilitación de vivendas no ámbito rural. Por outra banda, Por outra parte, tamén están convocadas (DOG o 4 de
abril de 2016) as axudas de rehabilitación edificatoria, por importe de
2.734.497 euros.
Outros 500.000 euros serán destinados a
actuacións en conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago. Estas axudas
súmanse aos 3,2 millóns de euros tamén destinados este ano á rehabilitación de
vivendas na ARI dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos das catro
provincias galegas. Asemade, os convenios asinados en outubro de 2015 para o
financiamento das Áreas de Rehabilitación Integral incluían axudas por importe
de preto de 9,5 millóns de euros, que serán executadas ao longo de 2016. Cabe
salientar que a meirande parte das ARI galegas corresponden con conxuntos
históricos de vilas e cidades.
ulamentos respectivos, e que nos últimos anos fixéronse
esforzos importantes pola súa recuperación, sendo hoxe en día produtos cun alto
valor engadido pola súa calidade.