Foto de familia do premio a SAT Don Crisanto |
A transformación e posta en valor dos produtos
agroalimentarios ten recompensa. Así o destacou a conselleira do Medio
Rural, Ángeles Vázquez,
no acto de presentación do queixo da SAT Don Crisanto, que foi galardoado como
‘mellor queixo madurado de vaca no 2015’ no marco do Salón Alimentaria que se
celebra en Barcelona.
A Xunta
destina neste exercicio un total de 14,3 millóns de euros para axudas á transformación e comercialización de produtos agrario.
Trátase de incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a
creación, ampliación e modernización das instalacións situadas
en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios.
As actuacións subvencionables son, por exemplo, a construción, adquisición e
mellora de bens inmobles –agás a compra de terreos–, así como a compra de
maquinaria e equipamentos novos, incluídos os programas informáticos e os
soportes lóxicos.
A conselleira e a directora xeral están a
apoiar coa súa presenza en Alimentaria a promoción dos produtos
agroalimentarios galegos neste certame. En total, son preto de 70 as empresas
do agro galego que participan nesta feira, de sectores como a produción de
leite, queixos, carne de vacún, coello, ovos, castaña, pataca, croquetas, pan,
empanadas ou sobremesas.
A participación
das consellerías do Medio Rural e do Mar nesta feira supón unha achega de máis de 547.000 euros.
Por outra banda, a conselleira do Mar, Rosa
Quintana, destacou o carácter innovador de Alimentaria e definiu esta feira
como un escaparate que brinda unha grande oportunidade de engadir valor aos
produtos do noso mar e para difundir a excelencia e calidade do peixe e do
marisco de Galicia a nivel internacional. O departamento que dirixe Rosa Quintana está preste na
área Expoconser, situada dentro do
novo salón denominado Multiple Foods,
cun posto institucional de 440 m² de zona expositiva e dividido en dúas illas.
Este posto alberga a 26 empresas e entidades galegas
coexpositoras do sector pertencentes ás áreas da pesca,
conxelado e conserva.