Turismo de Galicia pon en marcha ‘Menús Saudables’ e ‘Un descanso nos Camiños’, dúas novas iniciativas que están dispoñibles a partir dexa nos balnearios da nosa comunidade e incrementan a calidade dos seus servizos.
O programa ‘Menús Saudables’ dispón 15 menús e máis de 80 receitas saudables, elaboradas polo profesorado do CSHG, que se ofrecerán aos viaxeiros aloxados nos balnearios galegos. A iniciativa foi elaborada por Turismo de Galicia coa colaboración de Balnearios de Galicia e o Centro Superior de Hostalería e avoga por un turismo de saúde con gastronomía de calidade.
A través de ‘Un descanso nos Camiños’, os balnearios situados nos municipios polos que discorren as Rutas Xacobeas ofrecen aos peregrinos un programa especial que inclúe tanto aloxamento como tratamentos termais. Polo tanto, a proposta combina o Camiño de Santiago, recurso turístico estrela de Galicia, cos recursos naturais e culturais que ofrece o termalismo.
Nava Castro destacou que estes innovadores programas combinan tres das grandes fortalezas de Galicia como destino —o termalismo, a gastronomía e o Camiño de Santiago— e apostan pola nosa comunidade como un destino multiexperiencial.