Turismo de Galicia achegará 150.000 euros para a promoción do turismo nos concellos da Mancomunidade Ría de Arousa Norte. Así se recolle nun convenio de colaboración asinado entre a directora do organismo autonómico, Nava Castro, e o presidente da Mancomunidade, Manuel Rivas.
Durante o acto de sinatura do convenio, Nava Castro fixo fincapé no carácter estratéxico desta iniciativa para continuar impulsando este territorio como un destino turístico de referencia e lograr un importante impacto positivo nas economías locais grazas á xestión eficaz dos recursos que proporciona o traballo en equipo coa Mancomunidade. Así mesmo, enxalzou a importancia de iniciativas deste tipo na consolidación de Galicia como un destino multiexperiencial, cunha oferta segmentada e desestacionalizadora.