Cohors III Lucensium acuña a moeda oficial do Arde Lvcvs

A Concelleira Turismo de Lugo, Carmen Basadre, e o presidente da asociación Cohors III Lucensium, Manuel Fernández, escoltados por catro soldados romanos, presentaron a moeda oficial que esta asociación acuña, por sétimo ano, para os festexos do Arde Lvcvs, que terán lugar entre o 16 e 19 de xuño. 

Durante a presentación, á que tamén asistiu o Director de Caixa Rural Galega, José Manuel Méndez, Carmen Basadre fixo fincapé no éxito acadado por esta iniciativa que a Cohors perfecciona cada ano A edil aproveitou para recoñecer o traballo en prol da historia e da cidade desta asociación, así como da súa recreación histórica. 

Por outra banda,o Concello de Lugo ten aberto o prazo de inscrición para participar no II Concurso de decoración de escaparates e establecementos do Arde Lvcvs 2016. Así o deu a coñecer a concelleira, quen subliñou que se trata dun certame posto en marcha pola entidade local en colaboración coa Federación de Comercio e coa Asociación Provincial de Hostalerios de Lugo para promover entre os establecementos da cidade o engalando inspirado na Antiga Roma. 

Todos os establecementos comeciais e de hostalería que se atopen no termo municipal de Lugo interesados en participar, poden inscribirse ata o 30 de maio a través do correo electrónico xuventude@concellodelugo.org